martes, 24 de marzo de 2020

LÓGICA-MATEMÁTICA: recta numérica


Unha proposta para traballar coa recta numérica na casa. Elaborar con cinta de carrocero o fixo de cores no pasillo da casa, aproveitando as baldosas dalgún espazo aberto, etc.. A recta numérica construírase desde o 1 ata o 10 e con ela poderemos traballar diversos aspectos da numeración.

-Aprendizaxe da orde númerica (como se aprendesemos unha canción)

-Recoñecemento das grafías numéricas, podémoslle dicir en que número se teñen que colocar e chegar dando saltos ata el, mentres "canta" todos polos que ten que pasar, ou ir directamente se xa o coñece.

-Movemento pola recta númerica (se estou no 1, e me movo dáus casillas, onde estou?) Vivenciandoo co corpo. Podemos axudarnos cun dado. De xeito ascendente ou descendente.

-Representar a cantidade que representa o número con xoguetes, pezas de construcción, pinturas...

Ademais se a elaborades con material que se poda pintar, poden repasar a grafía e así practicar o trazo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario